A finalidade deste programa é contribuír á posta en marcha de novos proxectos empresariais emprendidos no Concello de Cambre, con independencia da súa forma xurídica, que faciliten a creación do seu propio posto de traballo para as persoas desempregadas que os leven a cabo.

Ao abeiro do programa Cambre Emprende 2017, as axudas dirixiranse ás altas no Réxime especial dos/as traballadores/as por conta propia ou autónomos/as (RETA) ou nalgunha das mutualidades dos colexios profesionais que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nel, se formalicen desde o 1 xullo de 2015 ao 31 de decembro de 2016, ambos os dous incluídos.

Prazo de presentación: 21/03/2018 ao 21/05/2018.


Documentos: