Prazo de inscrición:
Do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2019.
Se hai prazas baleiras pódese solicitar praza ao longo de todo o curso.

Lugar de presentación de solicitudes:
Presentar o formulario de solicitude do Programa Mañanceiro en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre (situados na Casa do Concello, na Casa das Palmeiras ou nas oficinas municipais da rúa Río Barcés nº 8,  A Barcala). O formulario poderá descargarse da páxina web municipal ou recollerse nas oficinas de Educación ou en calquera dos rexistros municipais.

Documentación a presentar:

  • Ficha de solicitude (pódese recoller en calquera dos rexistros municipais, departamento de Educación ou páxina Web)
  • Documentación xustificativa necesaria para aplicar as reduccións solicitadas.