INSCRICIÓN: Nos rexistros municipais da Casa do Concello, da Casa das Palmeiras e das oficinas municipais da Barcala e no rexistro telemático do concello da páxina web www.cambre.gal por medio da presentación da correspondente solicitude de inscrición debidamente cuberta.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 13 ao 26 SETEMBRO de 2017

SORTEO PÚBLICO, se é preciso, terá lugar 28 de setembro, ás 12:00 h nas Oficinas de Cultura. A partir do día 29 de setembro, poderase consultar a lista de admitidos na web municipal   ou no tfno.: 981 613193 Servizo de Cultura.

Logo da data do sorteo, as actividades que dispoñan de prazas baleiras, poderán solicitarse como habitualmente; asignaranse pola orde de presentación da folla de inscrición no rexistro municipal.

DATA DE INICIO DAS ACTIVIDADES:  primeira semana de outubro