Debido ao temporal que se produciu hai uns días, o Concello de Cambre aprazou a instalación e a apertura da Carpa de Nadal do Temple. Por esa razón, houbo unha modificación na programación desta instalación, que quedará da seguinte forma:

  • Xoves 2 de xaneiro (18.00 horas). Artestudio Teatro. ‘Animaliños’.
  • Venres 3 de xaneiro (12.00 horas). Mago Martín Camiña. ‘Momentos de asombro’.
  • Venres 3 de xaneiro (18.00 horas). A trastenda dos contos. ‘Un paxe real en apuros’.
  • Sábado 4 de xaneiro (12.00 horas). Ilusionista Joshua Kenneth. ‘A maxia de Joshua Kenneth’.
  • Sábado 4 de xaneiro (18.00 horas). O Capitán Garfo. ‘Cociñando música’.
  • Domingo 5 de xaneiro (12.00-14.00 horas). Obradoiro de xogos populares.