A Corporación municipal en Pleno, en sesión ordinaria de data 25 de outubro de 2018, aprobou as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2018.

O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). O prazo de presentación comeza o 4 de decembro e remata o día 3 de xanerio de 2019.

O formulario da solicitude, así como as bases da convocatoria, poden descargarse da páxina web do Concello de Cambre (www.cambre.gal), ou recollerse nos Rexistros Municipais e nas oficinas de Cultura, Deportes e Educación na Barcala.