A corporación municipal aprobou, no pleno ordinario do 31 de outubro do 2019, as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen ánimo de lucro 2019.

O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). O prazo de presentación comeza o 19 de novembro e terminará o día 18 de decembro de 2019.

Ademais de a través da páxina web municipal, os formularios de solicitude e as bases da convocatoria pódense recoller nos rexistros municipais e nas oficinas de Cultura, Deportes e Educación da Barcala.