Normativa
Orde do189 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi´n de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro) (DOG nº 148 de 04 de agosto de 2017).

Data límite para a presentación das solicitudes
30 de setembro de 2017
Persoas beneficiarias
Programa I. Promoción do Emprego Autónomo:

Persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, que reúnan os seguintes requisitos:

Estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil.
Non ter traballado día anteriore á data de inicio de actividade laboral.
Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017 como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, e sempre antes da data de solicitude.
Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos 3 anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos trres meses inmediatamente anteriores. Este requisito non se aplicará á persoa traballadora autónoma colaboradora.
A persoa traballadora autónoma ou por conta propia poderá ser beneficiaria das axudas deste programa cando forme parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que o solicite a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

+info: 981 613 196