A Corporación municipal en Pleno, en sesión ordinaria de data 26 de outubro de 2017, aprobou as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2017.

O prazo para presentar as solicitudes é dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). O prazo de presentación comeza o 15 de novembro e remata o día 14 de decembro de 2017.

O formulario da solicitude, así como as bases da convocatoria, poden descargarse da páxina web do Concello de Cambre (www.cambre.gal), ou recollerse nos Rexistros Municipais e nas oficinas de Cultura e Deporte na Barcala.

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á vosa enteira disposición nos teléfonos 981 61 31 93 (Cultura), 981 61 31 86 (Deporte) e 981 61 32 91 (Educación).


 

Documentos: