De conformidade co establecido na letra I.- Notificación e publicidade da resolución, das bases da convocatoria pública de subvencions municipais a entidades sen fin de lucro do Concello de Cambre 2018 (BOP núm. 209 do 2 de novembro de 2018. Extracto da convocatoria publicado, (BDNS), no BOP núm 230 do 3 de decembro de 2018), comunícase que se concederon ás entidades que de seguido se relacionan, as subvencións polo importe que igualmente se indica, todo isto de conformidade cos criterios de avaliación contidos na letra G.- das bases da convocatoria.

Segundo o disposto nas Bases, prorrogouse o prazo de xustificación ata o 12 de abril de 2019.

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á vosa enteira disposición nos teléfonos 981 61 31 93 (Cultura), 981 61 31 86 (Deportes) e 981 61 32 91 (Educación).