De conformidade co establecido na letra I.- Notificación e publicidade da resolución, das bases da convocatoria pública de subvencions municipais a entidades sen fin de lucro do Concello de Cambre 2019 (BOP núm. 214 do 11 de novembro de 2019. Extracto da convocatoria publicado, (BDNS), no BOP núm 219 do 18 de novembro de 2019), comunícase que se concederon ás entidades que de seguido se relacionan, as subvencións polo importe que igualmente se indica, todo isto de conformidade cos criterios de avaliación contidos na letra G.- das bases da convocatoria

Estableceuse, debido ás circunstancias excepcionais derivadas da suspensión dos prazos administrativos decretado polo Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo, un novo prazo de xustificación que remata o 07/08/2020.

Como sempre, para calquera dúbida ou consulta quedamos á vosa disposición nos teléfonos 981 61 31 93 (Cultura), 981 61 31 86 (Deportes) e 981 61 32 91 (Educación).