Xa está dispoñible na páxina web da Axencia Tributaria o formulario para solicitar a devolución do IRPF dos permisos de maternidade e paternidade dos últimos catro anos. De momento, tan só está habilitado para aquelas nais e pais que tiveran aos seus fillos no 2014 e 2015.

En xaneiro, estará dispoñible tamén para quenes se beneficiaron da prestación —e abonaron o IRPF correspondente— en 2016 e 2017.