Programa de conciliación no que se realizarán actividades lúdico – deportivas e culturais dirixidas ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, toda Educación Primaria e 1º da ESO.

Datas:
1ª quenda : 24, 26, 27 e 28 de decembro de 2018
2ª quenda : 31 de decembro, 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019.

Os pais e nais poderán inscribir ao seu fillo/ a, nunha soa quenda ou nas dúas.

Lugar de realización:
no CEIP Wenceslao Fdez. Flórez de Cambre.

Inscrición:
do 12 – 23 de novembro de 2018 (ambos inclusive), en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre.