Alcaldía

Benvidos e benvidas á páxina web do Concello de Cambre.

Unha web coa que pretendemos dar un servizo completo, áxil e sinxelo tanto aos veciños e veciñas de Cambre como aos nosos visitantes, aos que aproveito para darlles unha invitación persoal para que se acheguen a Cambre e descubran as súas paisaxes, ás súas xentes e a súa historia.

Espero, sinceramente, que este contacto virtual con Cambre sexa o máis completo posible e poidades encontrar aquí unha ferramenta cómoda para resolver os trámites e dúbidas que se vos poidan presentar no día a día.

Cambre é o rural e o urbano, é natureza, é vida, é mocidade, é deporte, é cultura, é historia, é gastronomía, é patrimonio. É, en definitiva, un concello feito polas súas xentes do que se pode desfrutar desde calquera recuncho. Ese é o Cambre que lles convido a descubrir, aproveitando esta ocasión, para mandarlles un afectuoso saúdo.

Óscar A. García Patiño