Bibliotecas
Solicitude carné Bibliotecas Municipais de Cambre
Que é?
Documento que serve para levar libros en préstamo e acceder aos equipos informáticos. Para utilizar os demais servizos das bibliotecas, non se necesita.
Quen o pode solicitar?
Calquera persoa, residente ou non no municipio, sen límite de idade.
Onde se tramita?
En calquera das tres bibliotecas municipais de Cambre:
-BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL
Estrada da Castellana nº2
-BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TEMPLARIOS
Paseo dos Templarios, 9-A. O TEMPLE-CAMBRE
-BILIOTECA MUNICIPAL XABIER P. DOCAMPO
C/ Río Gándara, 6, bajo izda. URB. A BARCALA-CAMBRE.
Documentación a achegar
• Presentar o DNI/NIE/ Pasaporte da persoa solicitante ou da que autoriza a inscripcipción dun menor de idade.
• Datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, lugar de nacemento, dirección, número de teléfono…)..
Prezo
Gratuito.
Prazo de presentación
En calquera momento, cando o usuario decida facerse socio.
Observacións
O carné de socio dá opción:
• A levar, de cada unha das tres bibliotecas, 2 libros en préstamo (por un período de quince días) e 1 documento audiovisual (por un período de oito días.
• A utilizar durante 90 minutos as terminais informáticas.