Inicio » Trámites » Deportes

Deportes

Inscrición nas escolas deportivas municipais

Que é?
É a inscrición dun participante no programa de escolas deportivas municipais que se organizan durante o ano.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada que cumpra os requisitos (idade) para cada actividade do programa. (Ver folleto informativo).

Documentación a achegar
– Folla de inscrición.
– En caso de poder acceder a desconto/bonificación do prezo público segundo o acordo regulador vixente, n.º 3, deberá achegar a documentación acreditativa en cada caso (carné novo, cartilla do paro, título de familia numerosa, carné voluntariado…)

Prezo
Os prezos e bonificacións establécense segundo o Acordo Regulador n.º 3, prezo público por actividades deportivas (escolas deportivas).

Prazo de presentación
Non existe un prazo determinado legalmente. Establécese un prazo de forma anual no folleto da oferta e na páxina web municipal.

Inscrición en actividades deportivas municipais de verán

Que é?
É a inscrición dun participante no programa de actividades deportivas municipais de verán que se organiza durante os meses de xullo e agosto principalmente.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada que cumpra os requisitos (idade) para cada actividade do programa.

Documentación a achegar
– Folla de inscrición.
– En caso de poder acceder a desconto/bonificación do prezo público segundo o acordo regulador vixente, n.º 3, deberá achegar a documentación acreditativa en cada caso (carné novo, cartilla do paro, título de familia numerosa, carné voluntariado…)

Prezo
Os prezos e bonificacións se establecen segundo o Acordo Regulador n.º 3, prezo público por actividades deportivas (actividades de verán).

Prazo de presentación
Establécese un prazo de forma anual no folleto da oferta, na páxina web e en nota de prensa.

Modificación de datos de participantes en programas deportivos municipais (escolas deportivas e/ou actividades de verán)

Que é?
Modificación de datos dun participante activo en calquera actividade dos programas deportivos municipais.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa que participe en calquera programa deportivo municipal

Documentación a achegar
– Solicitude, indicando a modificación de datos que correspondan.
– No caso de que a modificación implique o acceso a desconto/bonificación da tarifa segundo o Acordo Regulador vixente, deberá achegar a documentación acreditativa en cada caso, (carné novo, cartilla de paro, título de familia numerosa…)

Prazo de presentación
En calquera momento, mentres dure a actividade deportiva para a que se solicita a modificación.

Baixa de participantes en programas deportivos municipais (escolas deportivas e/ou actividades de verán)

Que é?
É a solicitude de baixa dun participante en calquera actividade dos programas deportivos municipais.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa que participe en calquera programa deportivo municipal.

Documentación a achegar
Solicitude, indicando a baixa na actividade.

Prezo
Trámite gratuito.

Prazo de presentación
En calquera momento mentres dure a actividade deportiva para a que se solicita a baixa.

Alta de participantes en programas deportivos municipais que xa están en funcionamento (escolas deportivas e/ou escolas de verán)

Que é?
É a presentación de folla de inscrición de alta en calquera actividade incluída dentro dos programas deportivos municipais.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa que cumpra os requisitos (idade) para participar na actividade para a que se solicita a alta.

Documentación a achegar
– Folla de inscrición.
– No caso de que a modificación implique o acceso a desconto/bonificación da tarifa segundo o Acordo Regulador vixente, deberá achegar a documentación acreditativa en cada caso, (carné novo, cartilla de paro, título de familia numerosa…)

Prezo
Os prezos e bonificacións se establecen segundo o Acordo Regulador n.º 3, prezo público por actividades deportivas.

Prazo de presentación
En calquera momento, mentres dure a actividade para a que se solicita a alta.

Presentación de solicitude de subvención a entidades deportivas veciñais ao abeiro da convocatoria anual municipal

Que é?
De forma anual o Concello convoca subvencións a entidades deportivas veciñais para colaborar no desenvolvemento das súas actividades e/ou investimentos propios, e ás que todas as entidades deportivas poden acceder.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física en representación dunha entidade deportiva veciñal incluída no rexistro de entidades veciñais municipais e que cumpra os criterios das bases da convocatoria.

Documentación a achegar
– Formulario de solicitude normalizado para o efecto.
– Documentación contemplada nas bases de cada convocatoria.

Prezo
Trámite gratuito.

Prazo de presentación
O prazo de presentación establécese nas bases da convocatoria e que se publica no BOP, páxina web e anuncio de prensa.

Presentación de xustificación de subvención a entidades deportivas veciñais ao abeiro da convocatoria anual municipal

Que é?
Ás entidades deportivas que se lles concede (notifica) unha subvención ao abeiro da convocatoria de referencia, teñen que presentar a documentación xustificativa da realización da actividade para o ingreso da subvención outorgada.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física en representación dunha entidade deportiva veciñal á que se lle concedese subvención.

Documentación a achegar
– Formulario de xustificación normalizado para o efecto.
– Outra documentación contemplada nas bases da convocatoria.

Prazo de presentación
O prazo de presentación, desta xustificación, establécese nas bases da convocatoria e infórmase as entidades na notificación da concesión da subvención.

Presentación de solicitude de bolsas para deportistas de nivel, residentes en Cambre

Que é?
De forma anual o Concello convoca bolsas de axuda a deportistas de nivel que residan en Cambre para colaborar no desenvolvemento das súas actividades.

Quen o pode solicitar?
Calquera deportista que realice actividade deportiva federada de nivel e que cumpra os requisitos establecidos na base da convocatoria

Documentación a achegar
– Formulario de solicitude normalizado para o efecto.
– Outra documentación contemplada nas bases da convocatoria.

Prazo de presentación
O prazo de presentación establécese nas bases da convocatoria, que se publica no BOP, páxina web.

Prazo de resolución
O prazo de resolución e comunicación establécese nas bases da convocatoria e que se publican no BOP.

Presentación de xustificación de bolsas (subvención) para deportistas de nivel, residentes en Cambre

Que é?
Aos deportistas que se lles concede (notifica) unha bolsa ao abeiro da convocatoria de referencia, teñen que presentar a documentación xustificativa da realización da actividade para o ingreso da bolsa outorgada.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física en representación dunha entidade deportiva veciñal á que se concedese a subvención

Documentación a achegar
– Formulario de xustificación normalizado para o efecto.
– Outra documentación contemplada nas bases da convocatoria.

Prazo de presentación
O prazo de presentación, desta xustificación, establécese nas bases da convocatoria e infórmase os deportistas na notificación da concesión da bolsa.

Presentación de preinscricións e inscricións para "Programas Campaña Deputación"

Que é?
A Deputación da Coruña anualmente convoca campañas de saídas culturais, deportivas e educativas a todos os Concellos da provincia. Para cada programa oferta un número de prazas determinado e o Concello encárgase de facer a difusión deste, a selección dos participantes e a inscrición. Unha vez realizado, o Concello deberá remitir a devandita documentación á Deputación que é a que realiza as saídas. Algunhas son:
– Vivir o Mundo: Vivir Europa.
– Campaña de esquí.
– Campamentos deportivos.
– Campamentos de verán.

Quen o pode solicitar?
Pais, nais ou titores de nenos e nenas que cumpran os requisitos do programa, do municipio de Cambre.

Documentación a achegar
Preinscrición:
– Impreso de solicitude de preinscrición.
Inscrición:
– Impreso de inscrición normalizado da Deputación.
– Documentación establecida nas bases da convocatoria de cada campaña.

Prazo de presentación
O prazo de presentación establéceo a Deputación para cada campaña.

Aluguer de instalacións deportivas municipais

Que é?
Nas instalacións deportivas municipais (pavillóns basicamente) establécense de forma mensual horarios para o aluguer destas instalacións por parte de veciños, equipos, asociacións…

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física ou calquera persoa en representación dun club ou asociación deportiva

Documentación a achegar
Autoliquidación (xustificante de pagamento).

Prezo
A taxa e bonificacións establécense segundo a Ordenanza n.º 14, reguladora da taxa pola utilización de instalacións deportivas municipais.

Prazo de presentación
Non se fixa ningún prazo. Recoméndase aos usuarios que formalicen o aluguer da instalación durante a última semana do mes anterior aos días que se realizará a actividade (para poder reflectir a ocupación da instalación nos equipos mensuais).

Entradas/ bonos piscinas municipais exteriores

Que é?
O bono permite o acceso á piscina descuberta dos Castros do Bosque de Cecebre durante o período estival (15 de xuño a 15 de setembro). As piscinas do Graxal e O Beado son xestionadas por un concesionario e as entradas/ bonos adquírense na mesma instalación.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física maior de idade

Documentación a achegar
Autoliquidación (xustificante de pagamento)

Prezo
A taxa e bonificacións establécense segundo a Ordenanza n.º 14, reguladora da taxa pola utilización de instalacións deportivas municipais (piscinas municipais).