Inicio » Trámites » Educación

Educación

Programa actividades extraescolares

Que é?
É un programa de actividades educativas e deportivas complementarias á educación regulada que se realiza en instalacións do Concello de Cambre despois do horario escolar. A duración é de outubro a maio de cada curso escolar e está ofertado a todos os nenos de idades comprendidas entre 3 e 18 anos, empadroados ou non en Cambre.

Quen o pode solicitar?
Calquera pai, nai ou titores dos nenos en idades comprendidas entre os 3 e 18 anos. Se hai prazas libres, poden asistir nenos doutros municipios.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude do folleto de actividades extraescolares municipais do correspondente curso escolar.

Prezo
Segundo o acordo regulador do prezo público por actividades extraescolares municipais.

Prazo de presentación
Según convocatoria.

Baixa do programa de actividades extraescolares

Que é?
É a solicitude de baixa do programa de actividades extraescolares.

Quen o pode solicitar?
Pai, nai ou titor legal de nenos/ás inscritos/ás no programa de actividades extraescolares

Documentación a achegar
Impreso de solicitude xeral, indicando a baixa da actividade do programa de actividades extraescolares.

Prezo
O trámite é gratuíto.

Prazo de presentación
O trámite é gratuíto.

Bolsas de estudo

Que é?
Solicitude de bolsas para material escolar e libros, destinadas ás familias con escasos recursos económicos e con fillos de idade escolar que cursen estudos que non sexan subvencionados pola Xunta de Galicia e tamén para adultos cuxos estudos estean reflectidos nas bases da convocatoria.

Quen o pode solicitar?
Pais, nais ou titores de nenos/ás e mozos que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria (nivel de renda, estar empadroado no Concello de Cambre, estar matriculado nun centro escolar e non incumprir débedas).

Documentación a achegar
– Impreso de solicitude.
– Fotocopia compulsada do DNI/NIE ou pasaporte do solicitante e dos alumnos beneficiarios
– Fotocopia compulsada do libro de familia e/ou título de familia numerosa en caso de telo, ou certificado literal de nacemento de todos os membros da unidade familiar.
– Fotocopia compulsada do resgardo da matrícula escolar dos alumnos beneficiarios do curso escolar correspondente
– Fotocopia compulsada da sentenza de separación ou divorcio, ou fotocopia do xustificante de viuvez (se é o caso).
– Fotocopia compulsada do certificado de minusvalía (se é o caso)
– Fotocopia compulsada de facturas xustificativas dos gastos realizados en concepto de libros, uniformes escolares e/ou material escolar
– Autorización, asinada por todos os membros da unidade familiar maiores de idade, para que o Concello de Cambre poida solicitar datos tributarios á axencia tributaria relativos ao seu nivel de renda (IRPF) e ao cumprimento por estes das súas obrigas tributarias.
– Declaración xurada de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social de cada un dos membros da unidade familiar
– Poderase requirir declaración xurada naqueles casos nos que se considere oportuno.

Prezo
O trámite é gratuíto.

Prazo de presentación
Segundo as bases da convocatoria.

Prazo de resolución
O prazo medio de resolución é de tres a seis meses a contar dende a data de presentación.

Escola de Pais a Nais

Que é?
Programa de orientación en materia educativa aos pais e nais de nenos en idade escolar dende os 3 ata os 18 anos. Son charlas puntuais que se realizan no local sociocultural da Barcala en datas determinadas ou nos propios centros escolares.

Quen o pode solicitar?
Calquera pai, nai ou titor legal dos nenos de Cambre de idades entre 3 e 18 anos

Documentación a achegar
Impreso de solicitude.

Prezo
O trámite é gratuíto.

Prazo de presentación
No mes de setembro.

Prazo de resolución
Antes do comezo das charlas.

Programa Mañanceiro

Que é?
Programa de conciliación da vida laboral e familiar (incluído no plan municipal Concilia Cambre). Ofértase en todos os centros de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre durante todo o curso escolar dende as 7:30 h e ata a hora de comezo das clases, que varía segundo o centro.
É un programa de almorzo, atención e vixilancia dos alumnos do centro. Os alumnos inscritos teñen a opción de almorzar ou, non opción de asistir todo o mes completo ou en días soltos e de entrar a diferentes horas. Realizan actividades lúdico-educativas relacionadas cos hábitos alimentarios.

Quen o pode solicitar?
Os pais, nais ou titores dos/ás nenos/ás matriculados/ás dos centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Cambre

Documentación a achegar
– Impreso de solicitude
– Título de familia numerosa (se é o caso)
– En caso de haber máis solicitudes que prazas no prazo de solicitude, solicitarase a maiores, para poder facer unha selección de alumnos, a seguinte documentación:
– Libro de familia.
– Resgardo da matrícula escolar
– Certificado de minusvalía da persoa participante, se se dese o caso, e informe médico.
– Aqueles participantes que teñan problemas alimentarios (celíaco, diabético…) achegarán informe médico.
– Vida laboral do pai, nai e/ou titor legal.
– Tarxeta de demanda de emprego.
– Sentenza de separación ou divorcio ou xustificante de viuvez.
– Xustificación de ingresos económicos: Autorización asinada para solicitar á Axencia Tributaria os datos da RENDA
– Outros documentos, se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo.

Prezo
O prezo é o establecido no prego de condicións para a contratación do servizo.

Prazo de presentación
Do 15 de xuño ao 15 de xullo de cada ano.
Unha vez finalizado o prazo, en calquera momento se pode presentar a solicitude e será admitida se hai prazas libres.

Prazo de resolución
Un mes.

Baixa do programa Mañanceiro

Que é?
É a solicitude de baixa do programa Mañanceiro.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada inscrita no devandito programa

Documentación a achegar
Impreso de solicitude xeral.

Prezo
Trámite gratuíto.

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai un prazo establecido.

Campamento urbano de verán

Que é?
Programa de conciliación da vida laboral e familiar (incluído no plan municipal Concilia Cambre).

Ofertado a nenos de 3 a 12 anos (de 1º E.Infantil (2º ciclo) a 1º da ESO). Realízase nun centro escolar de Cambre, no mes de xullo e mes de agosto en horario de 7:30 a 15:00 horas. Os nenos inscritos realizan actividades deportivas, talleres culturais (unha delas será en Inglés) e saídas puntuais. Teñen servizo de transporte, salvo os nenos que soliciten a gardaría.

Realizarase durante o mes de xullo e o mes de agosto completo. Pódese solicitar como mínimo unha quincena e como máximo tres (salvo casos que estean xustificados segundo informe técnico).

Quen o pode solicitar?
Pais, nais ou titores dos/ás nenos/ás en idades comprendidas entre os 3 e 12 anos (de 1º E.Infantil (2º ciclo) a 1º da ESO), empadroados/ás no Concello de Cambre.
Se hai prazas libres, poden asistir nenos/ás doutros municipios.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude do folleto do programa.

Prezo
75 € (quincena) / 150 € (mes completo).

Prazo de presentación
Segundo a convocatoria.

Prazo de resolución
Dende a data de finalización do prazo de inscrición e antes do comezo da actividade.

Baixa do campamento urbano de verán

Que é?
É a solicitude de baixa no programa de actividades de verán.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada inscrita neste programa.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude xeral

Prezo
O trámite é gratuíto.

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai un prazo establecido. Sempre antes do comezo da actividade.

Prazo de resolución
No momento da súa solicitude.

Programa Obradoiros de Semana Santa

Que é?
É un programa de conciliación da vida laboral e familiar (incluído no plan Concilia Cambre).
Está ofertado a nenos e nenas de 3 a 12 anos (que cursen dende 1º E.Infantil(2º ciclo) a 1º da ESO). Realízase nun CEIP de Cambre, no período de vacacións escolares de Semana Santa de 7:30 a 16:30 horas (con servizo de almorzo e comida; e transporte con parada nos centros escolares).

Quen o pode solicitar?
Pais, nais ou titores dos/ás nenos/ás con idades comprendidas entre 3 e 12 anos, empadroados/ás no Concello de Cambre. Se hai prazas libres, poden asistir nenos doutros municipios.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude.

Prezo
Que se estableza na proposta de aprobación do programa.

Prazo de presentación
O establecido nas bases de inscrición e antes do comezo da actividade.

Prazo de resolución
Dende a data de finalización do prazo de inscrición e antes do comezo da actividade.

Baixa no programa Obradoiros de Semana Santa

Que é?
É a solicitude de baixa no programa Obradoiros de Semana Santa.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada inscrita no devandito programa, antes do comezo da actividade.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude xeral.

Prezo
O trámite é gratuíto.

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai un prazo establecido.

Prazo de resolución
No momento da súa solicitude.

Programa Xogando no Nadal

Que é?
É un programa de conciliación da vida laboral e familiar (incluído no plan Concilia Cambre).
Está ofertado a nenos de 3 a 12 anos (que cursen dende 1º de E.Infantil (2º ciclo) e ata 1º da ESO). Realízase nun CEIP de Cambre, no período de vacacións escolares de Nadal de7:30 a 16:30 h (con servizo de almorzo e comida).
Os alumnos inscritos realizan actividades relacionadas co Nadal. Hai servizo de transporte salvo os nenos que soliciten gardaría.

Quen o pode solicitar?
Pais, nais ou titores de nenos/ás en idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, empadroados/ás no Concello de Cambre. Se hai prazas libres, poden asistir nenos doutros municipios.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude.

Prezo
Varía en función da modalidade elixida. Aplicarase o establecido no acordo regulador n.º 2, do prezo público por Actividades Extraescolares Municipais.

Prazo de presentaciónVaría en función da modalidade elixida. Aplicarase o establecido no acordo regulador n.º 2, do prezo público por Actividades Extraescolares Municipais.

Prazo de resolución
Dende a data de finalización do prazo de inscrición e antes do comezo da actividade.

Baixa do programa Xogando no Nadal

Que é?
É a solicitude de baixa do programa Xogando non Nadal.

Quen o pode solicitar?
Calquer inscrito no programa

Documentación a achegar
Impreso de solicitude.

Prezo
Trámite gratuito.

Educar xogando

Que é?
É un programa de orientación en materia educativa para pais, nais ou titores de nenos en idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. Durante o curso escolar realizan reunións quincenais no centro sociocultural da Barcala (C/ Río Barcés, 6, baixo) do Concello de Cambre. A estas reunións acoden os pais, nais ou titores cos nenos.

Quen o pode solicitar?
Pais, nais ou titores de nenos de 0 a 3 anos de Cambre

Documentación a achegar
Impreso de solicitude.

Prezo
Trámite gratuito.

Prazo de presentación
O prazo inicial de inscrición é o mes de setembro, aínda que se poden realizar inscricións durante todo o curso escolar, sempre e cando haxa prazas libres.

Xogando en Inglés

Que é?
É un programa de complemento da formación regulada en materia lingüística de Inglés, para alumnado cursando entre 3º de E.Infantil (2º ciclo) e toda E. Primaria. Realízase no último trimestre de cada curso escolar nun centro municipal da Barcala.
Son os sábados pola mañá, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Quen o pode solicitar?
Pais, nais ou titores de alumnado entre 3º de E.Infantil (2º ciclo) e toda E. Primaria.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude.

Prezo
Segundo o considerado no Acordo regulador n.º 2 do prezo público por Actividades Extraescolares Municipais.

Prazo de presentación
O prazo inicial de inscrición é o mes de abril, aínda que se poden realizar inscricións durante todo o curso escolar, sempre e cando haxa prazas libres.

Baixa do programa Xogando en Inglés

Que é?
É a solicitude de baixa do programa Xogando en Inglés-

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada inscrita no devandito programa.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude.

Prezo
Trámite gratuito.