Intervención
Certificados IBI, IAE e IVTM
Que é?
É a expedición de certificados realizados sobre a base dos datos obrantes nos padróns fiscais dos impostos municipais de bens inmobles de natureza urbana e rústica, de actividades económicas e de vehículos.
Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física ou xurídica, por ela mesma ou mediante representante legal. O departamentos municipais (xeralmente Servizos Sociais, para trámite de axudas e subvencións).
Documentación a achegar
Instancia xeral do Concello.
Prezo
Segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos (exercicio 2012), o prezo é de: 2 euros.
Prazo de presentación
En calquera momento, non hai un prazo establecido.
Devolución de ingresos indebidos
Que é?
O procedemento polo cal a Administración Local, devolverá aos obrigados tributarios, aos suxeitos infractores ou aos sucesores duns e doutros, os ingresos que indebidamente se terían realizado á Facenda Local con ocasión o cumprimento das súas obrigas tributarias ou do pagamento de sancións.
Con carácter xeral, o procedemento iniciarase a instancia do interesado, quen deberá fundamentar o seu dereito e acompañar o comprobante de ter satisfeito a débeda-
Non obstante o disposto no punto anterior, poderá acordarse de oficio a devolución nos supostos seguintes:
• Cando despois de satisfacerse unha liquidación tributaria, esta sexa anulada.
• Cando se probe duplicidade indubidable do pagamento.
Quen o pode solicitar?
Con carácter xeral, o procedemento iniciarase a instancia da persoa interesada.
Documentación a achegar
• Modelo de solicitude de ingresos indebidos.
• Fotocopia do DNI, pasaporte, permiso de conducir, NIE ou permiso de residencia, segundo proceda.
• Xustificante do pagamento realizado.
Prezo
Trámite gratuito.
Prazo de presentación
O prazo de prescrición do dereito a solicitar a devolución é de 4 anos.
Prazo de resolución
O prazo de resolución é de seis meses.
Tramitación de facturas
Que é?
A tramitación de facturas iníciase dende o momento da recepción das facturas remitidas polos provedores dos bens, servizos e certificacións de obra, e finaliza no momento do recoñecemento da obriga-
A factura debe ser rexistrada no Rexistro de Facturas de Intervención
Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física ou xurídica, provedora ou contratista do Concello, por ela mesma ou a través de representante.
Documentación a achegar
Factura. As facturas e as certificacións de obra expedidas polos provedores ou contratistas presentaranse no Rexistro Xeral de Documentos do Concello, e deberán conter, como mínimo, os datos seguintes:
a. Datos identificativos do Concello: nome e NIF.
b. Datos identificativos do provedor ou contratista: nome e NIF ou DNI, ou NIE.
c. Número e data da factura ou certificación de obra.
d. Descrición abondo da subministración ou do servizo prestado.
e. Servizo ou departamento municipal que efectuou o encargo.
f. Vale de pedido.
Factura electrónica
Oficina Contable Órgano Gestor Unidad Tramitadora
GE0002418 INTERVENCIÓN LA0004868 ALCALDÍA LA0004869 CONCEJALÍA DE HACIENDA
Otros datos de interés:
NIF: P1501700G
Domicilio: C/ Atrio, 1 – Cambre 15660 – A Coruña
Otros: si fuese posible unir formato pdf de la factura