Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Policía

Pagamento de multas de tráfico

Pagamento de multas de tráfico

Que é?
É a tramitación para o pagamento das multas de tráfico.

Quen o pode solicitar?
Calquera persona interesada.

¿Dónde se tramita?
Na Unidade de Instrución de Sancións Municipais de Tráfico da Deputación Provincial da Coruña (Órgano instrutor).
Pódese obter o documento de ingreso en atención.tributaria@dicoruna.es ou no teléfono gratuíto 900 132 204. Tamén se pode facer directamente o ingreso mediante transferencia bancaria na conta n.º 2091 0000 38 3110002858 de Caixa Galicia indicando o número de boletín.

Documentación a achegar
Boletín de denuncia da Policía Local ou notificación recibida no domicilio procedente da Deputación Provincial

Prezo
O estipulado na Ordenanza municipal de circulación de Cambre. Se o pagamento se realiza en período voluntario (20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia) ten unha redución do 50%.

Período de pagamento
Dispón dun prazo de 20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia para efectuar o pagamento coa redución do 50% do importe da sanción de multa. Iso implica (art.º 80 LSV) a terminación do procedemento o día en que se realice o pagamento, a renuncia a formular alegacións ou recurso de reposición e a firmeza da sanción na vía administrativa dende o momento do pagamento, producindo plenos efectos dende o día seguinte.

Execución da sanción
Se non formula alegacións nin paga con redución no prazo de 20 días naturais, a denuncia correctamente notificada fai efecto de acto resolutorio do procedemento nos supostos previstos polo artigo 81.5 LSV. Neste caso a terminación do procedemento pon fin á vía administrativa e a sanción poderase executar dende o día seguinte ao transcurso dos trinta días naturais dende a notificación da denuncia, quedando aberta a vía contencioso - administrativa.

Cobramento das multas
Vencido o prazo de 15 días naturais seguintes á data de firmeza da sanción sen que se tivese satisfeito o pagamento da multa, a súa exacción levarase a cabo polo procedemento de prema (art.º 90 LSV).

Marco legal
• Real Decreto Lexislativo 339/1990, Lei sobre Tráfico, Circulación de vehículos a motor e Seguridade Vial.
• Real Decreto 1398/1993, regulamento de procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora.
• Real Decreto 320/94, regulamento de procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación de vehículos, coas modificacións do Real Decreto 18/2003 a Motor e Seguridade Vial.
• Real Decreto 1428/03, Regulamento Xeral de Circulación.
• Ordenanza municipal de circulación de Cambre (BOP núm. 79, de 29/04/2010 e núm. 167 de 01/09/2012).

Procedemento a seguir
Facilitar información.

Alegacións a denuncias de tráfico

Alegacións a denuncias de tráfico

Que é?
Procedemento co que unha persoa solicita o sobresemento dunha multa de tráfico que lle foi imposta.

Quen o pode solicitar?
A persoa denunciada ou o seu representante legal.

¿Dónde se tramita?
Na Unidade de Instrución de Sancións Municipais de Tráfico da Deputación Provincial da Coruña, con domicilio en C/ Archer Milton Huntington n.º 17 - 15071 A Coruña.

Documentación a achegar
• Boletín de denuncia ou referencia al mismo.
• Medios de proba admitidos en dereito.

Prezo
O trámite é gratuíto, pero a súa presentación supón a perda da redución do 50% do importe da sanción.

Prazo de presentación
20 días naturais citando sempre o n.º de boletín.

Prazo de resolución
Mentres non se produza a prescrición. Nas infraccións leves 3 meses, en graves e moi graves 6 meses (o prazo comeza o día que se cometeron os feitos). Ver art.º 80 OM prescrición e caducidade.

Tarxeta de armas

Tarxeta de armas

Que é?
Documento para solicitar a licenza de armas de aire comprimido. Para poder levar e usar armas da categoría 4ª haberán de estar documentados mediante tarxeta de armas.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada, maior de 14 anos, ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• DNI.
• Solicitude.
• Fotocopia da factura da arma.
• Guía da arma.

Prezo
Segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, o prezo (exercicio 2007) é pola expedición de tarxetas de armas ou permiso de uso de escopetas de aire comprimido, ou outros tramitados ante a Policía Local é de 12,00 €.

Informe de distancia

Informe de distancia

Que é?
Documento que acredita a distancia quilométrica existente entre o domicilio da persoa interesada e os municipios confrontantes.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
Impreso de solicitude xeral.

Prezo
Segundo a Ordenanza reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos a tarifa (exercicio 2007) é de 10 € (Outros informes emitidos pola Policía Local).

Informe de residencia / convivencia real e efectiva

Informe de residencia / convivencia real e efectiva

Que é?
Documento que acredita a residencia ou convivencia real e efectiva da persoa/s interesadas nun domicilio de Cambre. Adóitase solicitar cando a devandita residencia ou convivencia non aparece reflectida no Padrón Municipal.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Calquera persoa interesada ou o seu representante legal
• Calquera medio de proba que acredite a residencia ou convivencia.

Prezo
Segundo a Ordenanza reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos a tarifa (exercicio 2007) é de 10 € (Outros informes emitidos pola Policía Local).

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai prazo establecido.

Informe de habitabilidade / idoneidade de vivenda

Informe de habitabilidade / idoneidade de vivenda

Que é?
Solicítase para o reagrupamento familiar de estranxeiros. É un documento que acredita a dispoñibilidade dunha vivenda adecuada para atender as necesidades do reagrupante e a súa familia. Fará referencia ao título que habilita para a ocupación da vivenda, n.º de cuartos, uso ao que se destina cada unha das dependencias, n.º de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Impreso de solicitude xeral (indicar a dirección da vivenda e os que a habitan)
• Pódese achegar copia de escritura propiedade ou contrato arrendamento.

Prezo
Segundo a Ordenanza reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos a tarifa (exercicio 2007) é de 10 € (Outros informes emitidos pola Policía Local).

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai prazo establecido.

Informe de actividade agraria

Informe de actividade agraria

Que é?
É un documento que acredita o exercicio dunha actividade agraria sen estar inscrito no réxime especial agrario. É necesario para a xestión das inscricións, revisións e baixas de máquinas agrícolas no Rexistro de maquinaria agrícola da Consellería de política agroalimentaria e desenvolvemento rural (ROMA).

Quen o pode solicitar?
Toda persoa física interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Solicitude.
• Fotocopia documentación do tractor (facsímile).
• Fotocopia da escritura dos terreos ou contratos de arrendamento.
• Fotocopia do DNI.

Prezo
A taxa a percibir é de 10 € (Outros informes expedidos por Policía Local).

Partes de accidentes

Partes de accidentes

Que é?
É un informe técnico elaborado pola Policía Local tras un accidente de tráfico cando non haxa feridos, é dicir, que só haxa danos materiais.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
• Referencias do lugar, data, matrícula, etc.

Prezo
Segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, a taxa é de 50 €.

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai un prazo establecido.

Atestados de tráfico

Atestados de tráfico

Que é?
É un informe técnico elaborado pola Policía Local tras un accidente de tráfico no que hai feridos. Remítese ao xulgado de garda. As compañías aseguradoras ou os interesados poden solicitar confirmación de que hai atestado e da súa remisión ao xulgado.
Se o desexan poden solicitar copia do atestado.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
• Referencias do lugar, data, matrícula, etc.

Prezo
Segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, a taxa é de 50 €.

Reserva de espazo

Reserva de espazo

Que é?
É a realización dunha reserva de espazo público con carácter temporal (por obras, mudanzas, eventos, etc..)
Non ten nada que ver coas reservas permanentes, como poden ser vaos, prazas de estacionamento de minusválidos ou zonas sinalizadas de carga e descarga. Estes procedementos tramítaos Urbanismo (independentemente de que o devandito departamento poidas solicitar ao longo da tramitación un informe da Policía Local)

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• A solicitude deberá presentarse nas oficinas municipais con 48 horas de antelación mínima. Debe especificar claramente a data, horario e lugar da reserva (mesmo poden achegar esbozo)
• Documento acreditativo de ter aboado a taxa correspondente.
• Xustificación da súa necesidade.
• No caso de reservas por obras ou actividades suxeitas a licenza debe achegar copia desta ou a súa referencia para efectuar as comprobacións oportunas.

Licencía para a tenza de animais potencialmente perigosos

Licencía para a tenza de animais potencialmente perigosos

Que é?
Licenza que se expide coa finalidade de controlar a idoneidade dos seus titulares para a tenza de animais potencialmente perigosos.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal. Esíxese estar empadroado

Documentación a achegar
• Fotocopia do DNI da persoa interesada.
• Fotografa tamaño carné.
• Certificado de non ter antecedentes penais da persoa interesada
• Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves á Lei 50/1999, do 23 de decembro, expedido pola Xunta.
• Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos centros médico - psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados, dentro dos tres meses anteriores á data da solicitude da licenza.
• Xustificación da subscrición e formalización para cada animal dun seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima de 125.00 €.
• No caso dos animais salvaxes, acreditar a orixe legal do animal e memoria sobre instalacións e medidas de seguridade.

Prezo
Segundo a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola tenza de animais de compañía e animais potencialmente perigosos, a tarifa (exercicio 2007) para a licenza de animais potencialmente perigosos é de 9 €.

Rexistro de animais potencialmente perigosos

Rexistro de animais potencialmente perigosos

Que é?
As persoas propietarias ou posuidoras de animais potencialmente perigosos, están obrigadas a inscribilos no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos nun período máximo de trinta días a partir da data de nacemento, adquisición ou cambio de residencia do animal.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Xustificación da subscrición e formalización para cada animal dun seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima de 125.00 €.
• Documento acreditativo da implantación do micro chip asinado polo veterinario responsable. (Tarxeta ou cartilla sanitaria do animal)
• Copia da licenza municipal (só se se obtivo nun Concello distinto).

Prezo
Segundo a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola tenza de animais de compañía e animais potencialmente perigosos, a tarifa (exercicio 2007) por inscrición no rexistro de animais potencialmente perigosos é de 4 €.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal