Inicio » Trámites » Protección Civil

Protección Civil

Solicitude de autorización de cacharelas para San Xoán

Que é?
É a autorización para poder realizar unha queima controlada en espazo público ou privado, baixo a supervisión do Servizo. Por un lado preténdese evitar situacións que poidan supoñer risco para persoas, bens e medioambiente, informando sobre normas de prevención e por outro lado, informar ao Distrito Forestal II de Betanzos e Forzas e Corpos de Seguridade, para un mellor control e identificación de responsables en caso de danos ou neglixencia.

Quen o pode solicitar?
Persoa interesada ou persoa que o represente maior de idade

Documentación a achegar
Documento Nacional de Identidade da persoa solicitante.

Prezo
Trámite gratuito.

Prazo de presentación
Días e horas preestablecer polo Servizo.

Solicitude de colaboración

Que é?
Trátase da solicitude por parte dalgunha entidade ou asociación de colaboración do Servizo de Protección Civil para cubrir ou garantir a seguridade con motivo de festas, probas deportivas, actos varios, etc.

Quen o pode solicitar?
Calquera entidade, asociación, particular ou empresa que organice algún evento e que supoña certo risco ou perigo para persoas, bens ou medioambiente.

Documentación a achegar
Datos relativos á actividade para a que se pide colaboración, horario, n.º de asistentes, riscos existentes e expoñer claramente para que se solicita a colaboración do Servizo de Emerxencias e Protección Civil.

Prezo público
Dependendo do tipo da actividade, así como risco e dispoñibilidade de medios humanos e materiais, será o alcalde que decida se a devandita colaboración está suxeita á Ordenanza fiscal n.º 17 reguladora da prestación de servizos de emerxencia e análogos, á que se debe este Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. En caso de participación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a entidade solicitante farase cargo dos gastos de manutención e traslado.

Solicitud de informes por actuaciones realizadas

Que é?
Trátase dun informe realizado con motivo dalgunha actuación levada a cabo por persoal deste Servizo, onde se fai constar hora de aviso, hora de personación e duración da intervención, así como medios empregados e descrición da actuación realizada en liñas xerais.

Quen o pode solicitar?
Persoa/ás interesadas e beneficiarias do servizo prestado así como as compañías aseguradoras en representación dos seus asegurados.