Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

San Xoán de Anceis

Tradicionalmente, os veciños de Anceis -sobre todo os de Altamira- dedicábanse á recolección e venda de piñas. Aínda se conservan os espectaculares restos dunha fábrica de curtidos e de papel.

A igrexa de San Xoán ten planta rectangular sen clara diferenciación tanto na planta como no alzado. É de orixe románico do cal conserva unha boa colección de canecillos e, na ábsida,  unha xanela coroada de arcos lobulados e liña crebada. No interior da capela hai un sarcófago gótico baixo un arcosolio. A fachada occidental adscríbese ao máis puro estilo neoclásico rural.

Dous pazos completan esta pequena e somera descrición: o pazo do Drozo e o pazo dos Condes de Anceis, pegados ao Camiño Inglés ou de Faro.


Ver Iglesia de Seoane -Anceis en un mapa más grande

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal