Igrexa de Cambre

IGREXA ROMÁNICA DE SANTA MARÍA DE CAMBRE

Foi construída no século XII e adhírese ao máis puro estilo románico compostelán. Mostra unha planta de cruz latina con tres naves e un deambulatorio arredor do altar maior. No deambulatorio hai cinco capelas absidais semicirculares.

Na fachada occidental destacan o campanario orixinal, o rosetón, o tornachoivas e a porta con dúas arquivoltas. No interior de consérvase a Hidra de Xerusalén como a última reliquia do mosteiro primitivo. Tamén destaca de xeito excepcional a talla en pedra da Virxe co Neno.

Folleto Igrexa de Cambre
Panel Igrexa