Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Encoro e Fraga

O Encoro de Cecebre construíuse no ano 1975 para reter as augas dos ríos Mero e Barcés coa misión de abastecer a área metropolitana da Coruña. O seu contorno ocupa unha superficie de 270 Ha. na confluencia do río Mero co seu antedicho afluente, o río Barcés. Sendo un espazo creado artificialmente, pronto se converteu nun humidal de características naturais excepcionais. Este valor natural desenvolveuse positiva e concretamente desde a perspectiva biolóxica, de maneira que xurdiu un hábitat excelente para o asentamento e a eclosión de todo un fabuloso ecosistema de flora e fauna: o interese botánico do encoro repercutiu directamente no mantemento  da poboación de aves (acuáticas invernantes, frigílidos, páridos ou rapaces), réptiles, mamíferos, insectos ou anfibios, de forma que se cumpre unha das regras esenciais de todo ecosistema, a saber, que a proliferación botánica é decisiva para o asentamento das diversas especies.

Así, o espazo adaptado ao encoro, como todo biosistema, alcanzou un grao de estabilidade moi positivo grazas aos desniveis suaves e ás amplas colas coa súa frondosa arboleda de ribeira. En liñas xerais o encoro  mostra zonas pantanosas e bosques mergullados, que son espazos bastante extensos e están localizados nos sectores do Mero e do Barcés.

A carballeira ou fraga orixinal que ocupaba toda esta zona hoxe empantanada, atópase moi diminuída, pero no seu lugar xurdiron o bosque de alisos, fresnos, castiñeiros, acivros ou carballos soltos. Nas zonas pantanosas abundan os xuncales, lirios ou os nenúfares. De todo o conxunto resulta unha paisaxe diversificada de bosque de ribeira, vexetación palustre ou prados de cultivos agrícolas, o que permite o asentamento dunha variada fauna asociada. Entre esa fauna,  no Encoro, a partir da conformación destas ideais características, destaca a riqueza e a variedade de aves, sobre todo as acuáticas invernantes. Nesta fría estación pódense contemplar desde innumerables anátidos (ánade rabudo, alavanco real, ansar común, gallineta real, pato común ou pato louro, entre outros), os podicípidos (somormujo ou zampullines), os fasiánidos (perdiz loura e  paspallás), ou os rállidos (fochas, polas de auga, rascons).

Pero non se pode esquecer outro longo número de especies que tamén se poden contemplar no encoro nesas mesmas datas, como os archibebes, falcóns, cucos, martín pescador, milanos, o azor, gavilán, aguiluchos, a aguia pescadora, o moucho, o bufo ou a lechuza.

Hai outras pequenas especies que se esconden nos lugares de ribeira que bordean o encoro. Así, nas beiras, nos xuncais e nos bosques pantalla, fabrican os seus niños paxaros como o carboeiro, o petirrojo, o ruiseñor, o zorzal, a abubilla, o paxaro carpinteiro, a tórtola...

Débese destacar, ademais, a presenza cada vez máis numerosa de mamíferos como o rato de campo, o ourizo, o raposo, a nutria, a jineta, a ardilla, as musarañas, etc.

O número de especimenes de anfibios e de réptiles, pola contra, non é tan abundante como no caso das aves, sen dúbida debido ao pouco espazo do territorio próximo á auga. Aínda así se poden ver diversos exemplares como o sapo común, o tritón, a estroza, a ra común, a salamandra; e, entre os réptiles, aparece o lución, o lagarto, a lagartija, a culebra de colar, a culebra lisa ou a Víbora de Seoane.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal