Inicio » Coñece Cambre » A nosa historia » San Lorenzo de Meixigo

San Lorenzo de Meixigo

O chan desta parroquia era tradicionalmente “rico e abundante, con bastante arbolado”. Á parte dalgunha casa blasonada, en San Lourenzo destaca o chamado Castro de Meixigo, cuxa impoñente silueta graduada domina amplas perspectivas do val do río Mero. Hai noticias do achado de fragmentos de muíños de man. O castro sestea entre lendas de mouros e de tesouros.

A igrexa parroquial de San Lourenzo é extremadamente sinxela: desenvólvese a través dunha planta rectangular cos muros e paramentos revogados en cemento e caleados. Destaca o monumental cruceiro do exterior.