San Salvador de Cecebre
É esta parroquia un lugar privilexiado de fermosas bosques (fragas) e sitio preferido para asentamentos estivais. É por iso que abundan as vilas e quintas de aspecto señorial. Do único pazo asentado nesta parroquia soamente quedan en pé algunhas ruínas.
Na casa reitoral da Igrexa hai un dintel granítico cunha cruz esculpida. A Igrexa é do século XVIII e posúe unha espadana esvelta e moi estilizada, con volutas que adornan os vértices da edificación no extremo superior.
Ver Iglesia de San Salvador de Cecebre en un mapa más grande