San Xoán de Anceis
San Xoán de Anceis
Tradicionalmente, os veciños de Anceis -sobre todo os de Altamira- dedicábanse á recolección e venda de piñas. Aínda se conservan os espectaculares restos dunha fábrica de curtidos e de papel.

A igrexa de San Xoán ten planta rectangular sen clara diferenciación tanto na planta como no alzado. É de orixe románico do cal conserva unha boa colección de canecillos e, na ábsida, unha xanela coroada de arcos lobulados e liña crebada. No interior da capela hai un sarcófago gótico baixo un arcosolio. A fachada occidental adscríbese ao máis puro estilo neoclásico rural.
Dous pazos completan esta pequena e somera descrición: o pazo do Drozo e o pazo dos Condes de Anceis, pegados ao Camiño Inglés ou de Faro.
Ver Iglesia de Seoane -Anceis en un mapa más grande