Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Arquitectura pacega

Pazo de Sigrás. Santiago de Sigrás.
Ubicado nunha suave chaira na aba norte do castro de Sigrás (que domina no máis alto todo o val de Veiga e o val do río Mero), o pazo de Sigrás foi edificado no século XVI. Amosa planta en forma de L cun dos brazos significativamente máis longo. Neste brazo, coincidindo co ángulo, hai unha balconada que ocupa parte do outro brazo, formando así a fachada principal coa súa entrada e as pedras armeiras fundacionais. A fábrica é de sillería de granito; a parte menos prolongada amosa tres grandes arcadas a xeito de soportal; enriba aparece un balcón con balaustrada a xeito de terraza e ao máis puro estilo da arte barroca.
A finca está rodeada por un gran muro de mampostería, un grande portalón de entrada e,
pretiños ao pazo, uns espléndidos xardínsde influencia italiana que debuxan laberintos de buxo. Árbores centernarias contribúen a realzar o aire melancólico e romántico deste pazo: carballos, tilos, castiñeiros, piñeiros…


Pazo de Sobrecarreira. Santiago de Sigrás
Foi construido no século XVIII amosando planta rectangular que ten engadido un patín na parte posterior. A fábrica é de sillería de granito e cachotería recebada. Á fachada principal chégase a través dun gran portalón de acceso: unha eira con capela e diversas construcións de labranza nambos os dous lados; de fronte a gran fachada que se divide en dúas partes: a planta baixa, onde está a porta marqueada de granito e coroada por un balcón con barandas de ferro forxado. No centro e no alto, limitando o aleiro, un tímpano curvo que aloxa a pedra armeira fundacional dos Labora e Loriga.

Pazo de Aián. Santiago de Sigrás
O pazo foi construido no século XVIII e amosa unhas características arquitectónicas con elementos neoclásicos misturados coa máis pura arquitectura popular. A  planta é rectangular irregular con fábrica de perpiaño e cachotería recebada. Na fachada do sul posúe un gran soportal a xeito de porche. O acceso á construción prodúcese pola fachada do norte a través dun gran patín. Unha capilla linda co pazo polo leste, e amosa unha evidente influencia neo-románica.

Pazo de Anceis. San Xoán de Anceis
Construido en pleno século XVIII, o Pazo de Anceis describe unha planta en forma de U con baixo e un andar. A meirande parte da fábrica é de perpiaño, aínda que hai partes de cachotería. Nun extremo eríxese a capela e no outro un fermoso patín de entrada.  A Pedra armeira monumental e fonte artística no patio fronte á fachada principal, completan un conxunto paradigmático de arquitectura pacega galega.

 


Pazo do Drozo. San Xoán de Anceis
O pazo do Drozo ten a súa orixe nunha fortaleza de resabios medievais aínda en pé no século XVI. No século XVIII todo o que recordaba unha fortaleza militar foi demolido para construir a residencia pacega que coñecemos hoxe. Adoita planta rectangular con baixo e un andar. Nun lateral conserva un fermoso patín reconstruido recentemente. Toda a fábrica é de perpiaño. Hai varias edificacións adxacentes, alpendres, hórreos, palleiras, fonte, etc.

Torre de Andeiro. San Martiño de Andeiro
O que queda da torre solar da famosa linaxe galega dos Andeiro, son unhas cantas ruínas que aínda reflicten o esplendor perdido. Só está a conservar os muros laterais feitos de perpiaño: tería baixo e un andar. Todavía conserva unha cheminea monumental.

 

Pazo do Corgo. San Paio de Brexo
A planta é cadrada con baixo e un andar. A fábrica, de perpiaño misturado con cachotería. Na parte posterior ábrese unha gran balconada corrida edificada sobre un soportal de columnas de fuste liso feitas  de cantería.

Pazo de Brexo. San Paio de Brexo
Un dos máis antigos pazos do Concello de Cambre, o Pazo de Brexo é o resultado da adaptación dunha fortaleza militar aos novos tempos pacegos: nun lateral foi derrubada a torre da que se conserva unha peza dunha ventá nas dependencias. A planta do pazo é rectangular con diversas construcións adosadas como alpendres, muíño, etc.

Pazo de Lema. San Paio de Brexo
Do pazo do Piñeiro ou de Lema hoxe non queda máis que unhas poucas ruínas cubertas de vexetación coa pedra armeira da linaxe dos Ponte e dos Leis.

Pazo de Roncesvales. San Paio de Brexo

San Paio de Brexo Deste pazo permanece só grande muralla e o portalón de entrada así como a capela chamada de don Sancho. A pedra armeira nunha construción moderna, así como unha fonte de cantería, son os únicos elementos que se están a conservar.


Pazo de Fontefría. San Cibrao de Bribes
O pazo de Fontefría mais semella hoxe unha construción popular que un pazo. Máis da metade da edificación, que amosa planta rectangular, está en ruínas. A fábrica é de perpiaño nos esquinais e nos linteis das ventás e portas; o resto é de cachotería. Unha pedra armeira nun lateral danos novas dos seus moradores.

Pazo de Cecebre. San Salvador de Cecebre
O Pazo de Cecebre permanece en ruínas desde os anos 40 do século XX. Un patín de entrada ruinoso, as dúas pedras armeiras e unha posible planta rectangular, son todos os elementos que se conservan do pazo. Un patín  de entrada e unha posible planta rectangular é todo o que se conserva do pazo, extremo norte, noutro orde de cousas, da Fraga de Cecebre.

Pazo de Cela. San Xiao de Cela

Dátase no século XVIII. Ten planta rectangular e amosa un baixo e dous andares. No seu orixe había un só andar, pero no século XIX, despois dunha profunda remodelación, engadiuselle outro andar que aínda se pode ver hoxe. Toda a fábrica é de cachotería excepto nos esquinais que é de perpiaño. Na fachada principal, dúas pedras armeiras e un sobranceiro patín de entrada, tanto á pranta baixa como ao primeiro andar.

Pazo de Pravio. San Xoán de Pravio

Situado en el barrio de Calle, o pazo de Cela foi construido no século XVIII, aínda que co tempo foronselle facendo numerosas reconstrucións. A imaxe actual é a dun pazo con forma de L, sendo o corpo principal un rectángulo. A fábrica e maiormente de mampostería con perpiaño nas esquinas e nos linteis.

 

 


Pazo de Vigo ou dos Xeranios. Santa María de Vigo

Construido no século XVII, o pazo de Santa María, amosa a planta en L, con dous corpos rectangulares de dúas alturas. No menor eríxese un corpo a xeito de torre con baixo e dous andares. O pazo foi restaurado recentemente.

Pazo de Santa María. Santa María de Vigo
Pazo rodeado por un alto murallón de mampostería cun gran portalón de entrada enmarcado de perpiaño. No interior atópase a construción pacega con pranta en forma de escadra. Nun dos laterais unha especie de patín leva a un corredor que amosa pilares de madeira á altura do primeiro andar. A fábrica do pazo é de perpiaño na meirande parte.

 

Pazo de Sor Criado. San Xoán de Anceis
Construcción de dúas alturas, planta cadrada e paramentos verticais a base de perpiaño. A cuberta é a catro augas con tella do país. Amosa porche de entrada e pedra armeira na fachada. Un balcón con balaustrada e un muro de pedra rodeando a finca definen esta edificación.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal