Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Arquitectura Civil Industrial

Muíño de Peiraio. San Cibrao de Bribes
Trátase do único muíño de roda vertical (noria) que aínda está en uso no Concello de Cambre. Un enorme azud retén a auga do río para mover a roda vertical que logo move as pedras do muíño. Esta edificación, hoxe pintada de roxo, estivo a sufrir moitas transformacións ao longo dos anos. Ver ubicación en Google Maps

 

Fábrica de curtidos en Seoane. San Xoán de Anceis
Enorme complexo de fábrica decimonónica onde aínda se pode ollar a enorme cheminea de tixolos en perfecto estado. O resto conforma unha enorme  ruína: gran casa con cheminea e poderosa lareira, fregadeiro con fonte, canalizacións de granito…



Muíños de Cambre. Santa María de Cambre
Fermoso exemplo de arquitectura pre-industrial, con tres plantas en pedra. Os motivos e a fronte son clásicos; amosa tamén pináculos e cuberta a dúas augas. Estivo a sufrir diversos agregados posteriores. Dos muíños estase a conservar unha edificación pegada á anterior pero dentro da illa que queda entre a canle e o río. O azud do río é crebado, aínda que hoxe está derruido.

Telleira de Prego. Santa María de Cambre

Consérvase un gran forno de botella feito de tixolo onde se cocían as tellas. Está á beira do camiño e da Ponte do Noceiro, e moi preto das pozas de onde se recollía a arxila para a fabricación deses elementos.

 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal