Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Arquitectura residencial ou solariega (villas, quintas)

*Arrigada. Santa María de Cambre
Vivenda modernista de barroca decoración policromada con motivos alegóricos. A planta é rectangular con planta baixa, dous andares e unha terraza superior. A fábrica é de cemento recebado en verde con substitucións sobre a fachada, balcóns*finamente decorados e cornixa con motivos vexetais.  Ver ubicación en Google Maps

A Xuventude de Cecebre. San Salvador de Cecebre
Casa de estilo colonial sufragada cos cartos enviados polos emigrantes de Cecebre. Está datada no ano 1922 e posúe planta baixa, dous andares e faiado. O acceso prodúcese a través dunha escaleira doble. Tres longas pilastras dividen a fachada en tres partes. A cornixa de remate está moi decorada  e as carpinterías exteriores son de madeira. Fermosas balaustradas realzan o conxunto. Ver Ubicación en Google Maps

 

Villa Florentina. San Salvador de Cecebre
Vivenda onde habitou Wenceslao Fernández Flórez. Feita con formigón con muros recebados, cuberta de tella do país, dous andares e baixo cuberta. Ver Ubicación en Google Maps

 

Casa Solariega dos Atocha. Santiago de Sigrás
Casa tradicional recebada en  branco con perpiaños enmarcando portas e ventás. Patín interior e gran portalón de entrada rematado, por enriba do lintel, cunha cruz de granito, e dous pináculos con bolas de metal. Fronte ao portalón atópase o peto de ánimas de San Antón.”

Villa dos Rei no Toural. Santa María de Cambre
Vivenda edificada na década de 1920: grande escaleira de entrada e caballerizas. A casa é de planta rectangular con porche de entrada e galería corrida no primeiro andar. Posúe carpinterías de madeira e relevos na fachada.

Villa Concepción. O Graxal, Santa María do Temple

Adscríbese a un modernismo tardío con planta baixa, dous andares e faiado. A cuberta, a xeito de sombreiro, posúe óculos e está construida de cinc. A fachada decorada con laxes; os linteis tamén moi decorados. Unha terraza no primeiro andar e un porche con columnas de ferro forxado. Na parte de atrás unha gran galería  recorre o primeiro andar. Verxas de ferro forxado con bonitas formas e xardín con arboleda. Ver ubicación en Google Maps

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal