Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

San Criprián de Bribes

Do pazo de Fontefría só quedan unhas poucas ruínas e o escudo en moi mal estado de conservación. Nesta parroquia houbo o mosteiro de San Ciprián, priorado antigo de San Martiño Pinario.

A igrexa parroquial presenta planta rectangular sen diferenciación nítida da ábsida. Foi reconstruída no século XVIII (1778) segundo consta nunha inscrición conservada na fachada. No interior gárdase un sagrario que procede da capela do Socorro de San Martiño Pinario: é de madeira policromada, recuberto de pan de ouro. Nel hai tallados numerosos angelotes e outras figuras que se adscriben á escultura barroca. Do mosteiro queda a casa reitoral de planta rectangular que está rodeada dun poderoso muro de mampostería no que se abre un fermoso portalón en cuxo tímpano debúxase o escudo de San Martiño Pinario. Neste muro ábrense varios vans a modo de saeteras ou aspilleras enmarcadas por pedras de granito. No tellado sobresae unha poderosa cheminea de granito e no interior do recinto destacan un pombal de planta circular e un fermoso hórreo.

No lugar de Peiraio houbo unha ermida e consérvase un muíño, único do concello que move dóialas cunha nora. O nome de "Peiraio" parece que procede do grego e o termo en galego equivale a "peirao" (peirao): é probable que até aquí chegasen pequenas embarcacións con mercadorías ou pasaxe, dada a proximidade do río Mero. As primeiras noticias documentais falan da doazón do rei galego Ordoño II ao abade Gudesindo de "Pairagio" no ano 917. Tamén se chama Peiraia.


Ver Iglesia de San Ciprian de Bribes en un mapa más grande

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal