Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

San Martiño de Andeiro

Carré Aldao sinala que no lugar de Gosende sitúase o castro que posúe unha mámoa (túmulo megalítico) na súa parte máis alta.


Da Torre do ilustre e lendaria liñaxe dos Andeiro non quedan máis que ruínas froito seguramente dunha remodelación de gusto barroco.

A igrexa parroquial desenvolve a súa planta en forma rectangular con ábsida tamén rectangular un pouco máis estreito que a nave. A porta da fachada adopta dintel recto e unha xanela rectangular ábrese entre a porta e a espadana barroca. Aos pés desta portada principal aínda se poden ver varias lápidas de granito con inscricións ilexibeis.

Nesta parroquia aínda se poden admirar varios exemplares de arquitectura popular que requiren unha necesaria restauración. Por último dicir que por estas onduladas terras serpenteaba, con dirección a Santa María de Vigo, a vía romana" citada máis arriba.


Ver Iglesia de San Martiño de Andeiro en un mapa más grande

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal