Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

San Xiao de Cela

O nome desta poboación ("Cela") provén, pretendidamente, do latín "*Cellarius" ou "Cella": de aí derivaría a "Cela" que ten que ver co termo galego "Celeiro" (cova, despensa, adega). Deste xeito conclúe que o topónimo que nos ocupa refírese a unha especie de "pousada" ou "parada" da vía romana que, desde este lugar, proseguía en dirección a Brexo-Lema.A Igrexa parroquial é unha edificación de finais do século XIX que posúe un fermoso cruceiro e unha fonte no cruzamento de camiños que a precede. Moi próximo está o pazo da Igrexa, que consta de patín e dous escudos a ambos os dous lados do mesmo.A primeira noticia documental desta parroquia é contemporánea á fundación do mosteiro de Santa María: cando Alvito fundou este mosteiro doou aos monxes Sigrás e Cela, entre outras terras.

 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal