Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Santa María de Vigo

É probable que "Vigo" proceda do termo latino "*Vicus" o cal indica a existencia dalgunha vila romana, así como a xa citada vía.

Nesta parroquia aínda se erixen numerosas casas de labranza tradicionais en bastante bo estado, de entre as que podemos sinalar a coñecida co nome de "Currás, lugar do Pazo". Ademáis destacan dous pazos moi ben conservados.

Á parte da ermida de San Roque, débese sinalar a Igrexa parroquial de Santa María, que foi restaurada no ano 1992. A súa fachada presenta unha porta con arco de medio punto e unha ábsida engadida na reconstrución. Pódense observar restos de contrafortes no exterior e algunhas pilas de granito. O conxunto coróase por medio dunha fermosa espadana.

Da fábrica (posiblemente do século XIV) consérvase o arco triunfal apuntado que descansa sobre columnas de fuste pequeno e capiteis de follas e talvez piñas. Baséalas son tóricas.

Na restauración quedaron ao descuberto dous sepulcros que xa describía a principios de século don Carré Aldao que debuxan unha muller e un seglar respectivamente. Había tamén un arco adornado con contas (preto do presbiterio) e unha lápida cun escudo e un caliz, así como unha desgastada inscrición.


Ver Iglesia de Santa María de Vigo en un mapa más grande

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal