Inicio » Coñece Cambre » Que facer

Que facer

RUTA “ARREDOR DE CAMBRE”. PR-G17

Comeza no centro de cambre, entre a Igrexa de Sta. Mª e o Museo. O percorrido transcurre por algunha das últimas corredorias, a carón dos castros de Cambre e Armental e á beira do Petróglifo da Pena da Nosa Señora.
Máis información (Pdf)

RUTA DO PASEO FLUVIAL DO RÍO MERO

Realizado polo Ministerio de Medio Ambiente, trátase dun proxecto de restauración ambiental que discorre  desde o Encoro de Cecebre ata a desembocadura na ría do Burgo-Temple.
Máis información (Pdf)

RUTA DOS RÍOS DE CAMBRE

Ruta circular con punto de partida e chegada nos Muíños de Cambre. Pasa polas parroquias de Sigrás, Anceis, San Lourenzo, Brexo e Bribes, todas elas ao sur do Concello.
Máis Información (Pdf)

RUTA DO CAMIÑO INGLÉS OU DE FARO

Ainda que parte da parroquia do Temple, vamos a iniciar o percorrido en Sigrás a través da ponte da Xira e remataremos en terras de Altamira lindando co Concello de Carral
Máis Información (Pdf)