Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Invitámosche a descubrir Cambre, un concello cheo de ilusión e sorpresas. Un pobo alegre, vivo e cun encanto especial. Un lugar acolledor que está sempre disposto a recibir aos visitantes e dar a coñecer a riqueza do seu patrimonio, a súa cultura e a súa gastronomía.

Cambre está vertebrado polo río Mero que parte do embalse de Cecebre, ambos protagonistas da súa beleza medioambiental con multitude de espazos naturais, moitos deles aínda por coñecer. Perderse no Bosque Animado que relatou Wenceslao Fernández Flores, pasear polo paseo marítimo de O Temple, o introducirse no Camiño Inglés ao seu paso pola parroquia de Sigrás, que culmina na igrexa de Santa María de Cambre, un dos máis belos templos de peregrinación do Románico, fan deste concello un espazo para o acougo e a reflexión.

Por riba de todo o maior valor deste pobo son as súas xentes, sempre dispostas a orientar ao forastero no seu periplo por este marabilloso enclave. 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal