Inicio » Coñece Cambre » Que ver » Arquitectura » Arquitectura Tradicional

Arquitectura Tradicional

Arquitectura tradicional

Casa en Anceis-Cruceiro
Casa tradicional restaurada ubicada nun lugar privilexiado: fronte ao pazo de Anceis, ao cruceiro e a outras varias casas tamén tradicionais. Está feita de mampostería con linteis de madeira para as portas e as ventás. As cubertas son de tella do país.

Casa do Currás lugar do Pozo. Santa María de Vigo
Casa tradicional con patín de entrada feito de perpiaño. Portas e ventás enmarcadas tamén de perpiaño. Os paramentos son de mampostería, aínda que hoxe en día están recebados.

Casa de Estorrentada

Casa solariega restaurada onde se alterna o perpiaño coa cachotería. Grandes e tradicionais balconadas na parte de atrás.

Casa de San Lourenzo
Casa con pedra armeira feita de mampostería con columnas cilíndricas tamén de mampostería que estarían destinadas a soster un alpendre.

Casas do Cubelo. San Xoán de Pravio
Ringleira de casas tradicionais pegadas. As dúas últimas amosan dous arcos de medio punto: un de acceso á eira e o outro está enfoscado na fachada da vivenda. Son dous arcos feitos de perpiaño; no resto das paredes predomina sobre todo a mampostería.