Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Fundación Wenceslao Fernández Flórez

O interese polos museos vai en aumento, pero a súa presenza na sociedade cambresa non é casual nin transitoria. En primeiro lugar porque se trata da casa onde viviu o escritor afincado en San Salvador de Cecebre, casa que leva o nome de Vila Florentina; en segundo lugar porque é unha institución cultural permanente que adquire un valor de conservación e protección dos bens que custodia, por ser únicos e singulares, sobre a vida e obra do escritor e da nosa cultura. Ademais, cada fin de semana do ano teñen lugar un acontecemento cultural e a diario recibe visitas de escolares e maiores, por onde pasan máis de 4000 persoas ao ano e moitos personaxes da Cultura galega e española.

Vila Florentina é unha Casa-Museo diferente por estar viva, por permanecer aberta á sociedade e por mostrar o camiño de socialización da cultura a moitas outras casas semellantes. A nosa casa ten uns Anxos que a protexen, cóidana e mantéñena aberta para que a pantasma de *Wenceslao poida descansar en animada conversación con Fendetestas, con Fiz de Cotovelo ou cos señores D Abondo. Son moitos os camiños percorridos para chegar até a Fraga de San Salvador de Cecebre, pero todos eles levan ao mesmo lugar, ao centro do Bosque Animado onde un fío de fume sae pola cheminea e mostra a beleza da fantasía, introducíndonos nun mundo soñado e rico onde pequenos e maiores poden pasar unha tarde de felicidade coa nosa compañía.

Convidámoslles a participar connosco das nosas actividades e programación, prometémoslles non defraudalos e fidelizarvos para que nos acheguen os seus coñecementos e experiencias a fin de que as podamos compartir entre todos e todas.

 

Fundación W. Fernández Flórez
Villa Florentina, Apeadeiro, 14 ~ Cecebre 15650 Cambre (A Coruña)
Telf. / fax: 981 676 052

Horario/Visitas

A Fundación Wenceslao Fernández Flórez abrirá ao público tan só os fins de semana en horario habitual, mantendo, polo demais, a súa actividade de sábados e domingos así como o traballo dos seus grupos de teatro, coro e talleres.

En relación coas visitas organizadas por grupos, tanto escolares como doutra índole, poñemos a súa disposición os seguintes teléfonos a través dos que se poderán pór en contacto connosco para organizar visitas fora do horario de apertura, pois en función das súas necesidades a FWFF abrirá as súas portas durante a semana.

www.fundacionwenceslaoff.com

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal