Planeamento urbanístico

O planeamento é un elemento fundamental do urbanismo posto que establece o deseño espacial futuro e presente das actividades residencial, industrial, terciaria, produtiva e calquera outra que albergue incidencia territorial. Con el defínese o marco físico elixido para o desenvolvemento da convivencia e o desenvolvemento e implantación das infraestruturas e equipamentos públicos, determinando que transformacións da realidade existente se van producir.

Á súa vez o planeamento urbanístico determina o conxunto de facultades urbanísticas sobre cada terreo concretando o contido do dereito de propiedade e por iso o conxunto dos dereitos e deberes dos propietarios dos predios e das edificacións mediante a clasificación e cualificación do solo.

O planeamento urbanístico municipal desenvólvese a través do Plan xeral de ordenación municipal e do planeamento de desenvolvemento deste. O primeiro ordena integralmente e con distinto alcance, segundo os tipos de solo, o término municipal no seu conxunto, e o segundo ten como misión a realización efectiva e pormenorizada do modelo previsto no Plan xeral.

En Cambre o planeamento está constituído a día de hoxe polas Normas subsidiarias do planeamento aprobadas no ano 1994 e que se expoñen neste apartado xunto coas súas modificacións.

Por outra banda, este Concello contratou a redacción do Plan xeral de ordenación municipal, actualmente en tramitación, co fin de substituír as Normas subsidiarias do planeamento de Cambre, tanto polo crecemento habido neste Concello, que esixe xa novas ordenacións do territorio, como polas necesidades de novas infraestruturas e novos equipamentos públicos, como polos cambios habidos na lexislación urbanística de aplicación que esixen unha adaptación do planeamento xeral á dita lexislación.

Igualmente expóñense a continuación para o seu coñecemento, no apartado B) deste epígrafe, tanto o Documento inicial estratéxico como o Borrador do Plan xa elaborados deste futuro Plan xeral de ordenación municipal de Cambre.

No apartado C) deste mesmo epígrafe do planeamento urbanístico expóñense igualmente os plans de desenvolvemento aprobados neste Concello máis destacados para o seu coñecemento, e no apartado D) expóñense os instrumentos de planeamento en tramitación con indicación da fase na que se atopan e o seu contido.

A) Normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cambre, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo o 27 de xullo de 1994 (BOP núm. 222 do 27 de setembro de 1994).

 

D) Planeamento urbanístico en tramitación:

D.1) Modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre no solo apto para urbanizar SAU RD 1 A Barcala.
Documento de aprobación inicial:
SAU RD-1 A Barcala Memoria
SAU RD1 A-Barcala Estudio ambiental estratéxico
SAU RD-1 A Barcala Planos
Documento aprobación provisional
Aprobación provisional (Arquivo ZIP)

 

D.2) Modificación puntual con ordenación detallada das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre na unidade de execución núm. 3, sita en Cambre.
Documento de aprobación inicial

D.3) Modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre na unidade de execución núm. 8 B, sita no Temple.
– Aprobación inicial
– Aprobación provisional
– Aprobación definitiva

D.4) Modificación puntual das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre referente á localización de diversas edificacións e actividades.

– Aprobación inicial
– Aprobación provisional

D.5) Plan especial de reforma interior da unidade de execución núm. 10 C, sita no Temple.
– Documento de aprobación inicial

D.6) Plan especial de infraestruturas e dotacións en Lendoiro, A Barcala.
En tramitación